A procrastinación
Ola, moi bos días! Esta é a miña primeira entrada do 2019 e a primeira en galego, e non podo estar máis feliz. Non vou compremeterme a publicar con frecuencia porque me coñezo perfectamente e sei que iso é moi pouco probable que aconteza. Non obstante, procurarei estar por aquí a miúdo. Feitas todas as aclaracións, vamos a focalizarnos no asunto que nos ocupa: a procrastinación.

Convivimos coa procrastinación dende moi pequenos, e aínda así cremos que somos os únicos que estamos a lidiar con ela, pero por desgraza non. Elixín este tema porque é sen lugar a dúbidas o que máis me preocupa na actualidade. Nunca fun unha persoa podutiva, sempre pospuxen todo aquilo que me asustaba e que me disgustaba realizar; ata hoxe. Isto non significa que dun día para o outro sexa unha persoa nova que se organiza mellor ca ninguén, unha persoa que leva todo ao día e que non procrastina frecuentemente. É un proceso lento, moi duro e que require de moitísima forza, constancia e ganas. Por iso vos propoño que se padeces continuamente as consecuencias de ser procrastinadores, tomedes isto como unha advertencia, como un sinal que indica que é o momento de facerlle fronte.
Necesitades ante todo descubrir o motivo da vosa constante procrastinación. Talvez é debido a que tedes medo ao fracaso, quizais débese a que vos estades forzando a facer algo que nos vos gusta, ou que simplemente non queredes realizar determinadas actividades. Sexa cal sexa a razón, cabilade nas consecuencias que pode ter pospoñer ese traballo ou estudar esa materia, pensade en que acabaredes facéndoo o último día ata altas horas da madrugada. Hai que actuar, necesitades planificar absolutamente todo (pinchade aquí para descargar os planificadores semanais que utilizo), deixar de convencernos de que faredes algo mañá, porque o máis probable é que iso non aconteza. A continuación vouvos deixar algúns consellos que vos poden axudar nesta labor:
- Utilizar Forest. Unha aplicación móbil que che permite indicar o tempo que queres estar concentrado. Se consegues superar ese obxectivo, engadirase unha plantiña á túa horta.
- Organizarte. Se preferides un planificador online, podedes usar de forma completamente gratuíta www.getplan.co. Nel atoparedes calendarios, planificadores semanais e ata a opción de crear notas.
- Usar a técnica pomodoro. Consiste en focalizarte 15 minutos nunha tarefa, cun descanso posterior de cinco minutos. Recoméndovos esta páxina web: www.tomatotimers.com. Nela non só tes un temporizador, senón que ademais podes apuntar as tarefas que debes realizar.
- Ir con amigos á biblioteca ou contarvos entre vos o que debedes facer. Desta maneira védesvos obrigados a traballar porque máis tarde eles preguntaránvos se fixéchedes o que lles comentaches.
- Recompensarte a ti mesmo. Pode ser ver un capítulo dunha serie, comer un doce que che gusta moito, comprar un libro... Se eres consciente de que ata que acabes unha tarefa non poderás rematar esa serie á que estás enganchado, farás o imposible para acabar antes.
- Adiantar todas as datas importantes. Desta maneira estaste enganando a ti mesmo e evitarás deixar unha actividade para o último momento.
Non esquezades que mellorar a vosa productividade levará tempo, non o conseguiredes en só unha semana. Polo que vos pido que non vos agobiedes se un día procastinades máis do debido.
Moitísimo ánimo e que teñades un bo día!
contacto: calmadinhaa@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario