Publicacións

Cristina Len: a voz dunha xeración

Imaxe
Ola, moi bos días a todos e a todas! O outro día estiven reflexionando sobre o moito que te podes chegar a identificar coas cancións desta gran artista que vos quero presentar, polo que decidín compartir con vós o que pasaba pola miña cabeciña. Pode que este post   sexa unha mera escusa para falarvos de Cristina Len, pero non pensedes que o vou a recoñecer sen a presenza do meu avogado. Para quen non a coñeza, Cristina Len é unha cantante catalá que se move entre diferentes estilos, dende o r&b ata un estilo máis urbano. So fai falla botarlle un ollo ao seu perfil de Spotify para apreciar a gran versatilidade que posúe como artista. Se premedes aquí , accederedes a unha playlist que inclúe todas as súas cancións. Gústame pensar que esta rapaza é a sad girl   que España necesitaba con urxencia, a persoa que lle canta ao desamor con frecuencia e que lle pon letra a moitos sentimentos e situacións que gran parte de nós vivimos. Non fai uso de grandes metáforas, nin de pa...

Descubrimentos do mes: outubro

Imaxe
Ola, moi bos días! Debería darme un pouco de vergonza presentarme aquí un ano despois da miña última publicación, supoño que se alguén me segue debe acostumarse ao desastriño que son. Voume aforrar todas as escusas baratas que xustifiquen a miña ausencia, e as mil promesas de que publicarei máis cousiñas por aquí. Este post  pode considerarse a inauguración oficial dunha nova sección deste maravilloso blog, un apartado moi especial para min no que compartirei con vós algún gran descubrimento musical, literario, audiovisual ou de calquera tipo do último mes. Espero que vos guste tanto como a min este tipo de publicacións, e que compartades conmigo nos comentarios todo o que queirades, para que me sinta menos soa. Encantaríame coñecer as vosas opinións sobre as miñas recomendacións! ✧・゚: *✧・゚:*   YAREA   *:・゚✧*:・゚✧ ― ― ― ―――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――― ༻❁༺   Twitter    ༻❁༺   Instagram    ༻❁༺   Youtube    ༻❁༺ Pod...

A procrastinación

Imaxe
Ola, moi bos días! Esta é a miña primeira entrada do 2019 e a primeira en galego, e non podo estar máis feliz. Non vou compremeterme a publicar con frecuencia porque me coñezo perfectamente e sei que iso é moi pouco probable que aconteza. Non obstante, procurarei estar por aquí a miúdo. Feitas todas as aclaracións, vamos a focalizarnos no asunto que nos ocupa: a procrastinación. Convivimos coa procrastinación dende moi pequenos, e aínda así cremos que somos os únicos que estamos a lidiar con ela, pero por desgraza non. Elixín este tema porque é sen lugar a dúbidas o que máis me preocupa na actualidade. Nunca fun unha persoa podutiva, sempre pospuxen todo aquilo que me asustaba e que me disgustaba realizar; ata hoxe. Isto non significa que dun día para o outro sexa unha persoa nova que se organiza mellor ca ninguén, unha persoa que leva todo ao día e que non procrastina frecuentemente. É un proceso lento, moi duro e que require de moitísima forza, constancia e ganas. Por iso vos p...

THE HANDMAID'S TALE - Margaret Atwood

Imaxe
¡Hola, muy buenos días! Hoy haré un breve artículo sobre mi opinión de la novela de Margaret Atwood ,  The handmaid's tale  o  El cuento de la criada . Antes de nada, voy  a realizar una breve introducción sobre la autora. Margaret Atwood es una escritora de ensayos, relatos, libros de poemas y guiones para televisión; profesora y activista política canadiense. Además de la obra a reseñar destacan  El año del diluvio ,  Oryx y Cracke  o  El asesino ciego . Atwood posee el Premio Príncipe de Asturias de las Letras, e incluso fue nominada al Premio Nobel de Literatura . Las imágenes presentadas proceden de la serie de Hulu   que realizó una versión cinematográfica de la novela. La autora nos presenta un mundo distópico, indeseable para toda mujer, que comienza a ser valorada solo por su fertilidad después de un golpe de estado de un grupo de políticos teocráticos. Las mujeres mayores o que no son fértiles y pertenecen a una clase baja deb...