Descubrimentos do mes: outubro

Ola, moi bos días! Debería darme un pouco de vergonza presentarme aquí un ano despois da miña última publicación, supoño que se alguén me segue debe acostumarse ao desastriño que son. Voume aforrar todas as escusas baratas que xustifiquen a miña ausencia, e as mil promesas de que publicarei máis cousiñas por aquí.

Este post pode considerarse a inauguración oficial dunha nova sección deste maravilloso blog, un apartado moi especial para min no que compartirei con vós algún gran descubrimento musical, literario, audiovisual ou de calquera tipo do último mes. Espero que vos guste tanto como a min este tipo de publicacións, e que compartades conmigo nos comentarios todo o que queirades, para que me sinta menos soa. Encantaríame coñecer as vosas opinións sobre as miñas recomendacións!



✧・゚: *✧・゚:*  YAREA  *:・゚✧*:・゚✧

――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――

༻❁༺  Twitter  ༻❁༺  Instagram  ༻❁༺  Youtube  ༻❁༺

Podería considerar a esta persoa como o gran descubrimento do ano e, por primeira vez en moito tempo, non estaría a esaxerar nin un chisquiño. Dende o minuto cero en que a coñecín, non parei de recomendala  a todo o mundo nin de escoitala a todas horas. Sen pedir permiso e sen avisar coouse en todas as miñas playlists favoritas, só coa súa voz, a súa maxia e a súa sinxela pero atrapante forma de compoñer. Creo firmemente que se esta rapaza non te emociona, eres sen a lugar a dúbidas un robot ou unha persoa sen ningún tipo de gusto musical. A continuación deixo as súas mellores cancións, polo menos para min. Non me sexades vagos e escoitade todas as súas composicións, que son só seis. De nada por esta gran recomendación.






✧・゚: *✧・゚:*  HOUVRE  *:・゚✧*:・゚✧

――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――

༻❁༺  Twitter  ༻❁༺  Instagram  ༻❁༺  Youtube  ༻❁༺

Trátase dunha canle da plataforma YouTube que contén tanto edits de películas recoñecidas, playlists bastante interesantes, uns sinxelos -pero bonitos- lyric videos e outro tipo de contido. Algo que me encanta desta persoa é o moito que coida a súa estética e edición. Se cadra non é o contido máis orixinal do mundo, se cadra non é a mellor á hora de editar, pero ten algo que atrapa. Coa súa sinxeleza acada a excelencia.







✧・゚: *✧・゚:*  JUJU1255  *:・゚✧*:・゚✧

――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――――

༻❁༺  Twitter  ༻❁༺  Instagram  ༻❁༺  Youtube  ༻❁༺

Igual ca nos programas televisivos deixo o mellor para o final. Os que me coñecedes ben sabedes que tiven un pasado wattpadiano, que deixei de lado alá polo 2018. Este ano, como me atopaba nunha gran sequía lectora, decídín voltar a esta plataforma para rememorar vellos tempos e ler aquelas obras que me mantiveron enganchada á pantalla durante gran parte da miña adolescencia. Sen querelo acabei levándome gratas sorpresas e Joana Marcús (www.wattpad.com/user/juju1255) foi unha delas, e probablemente a maior de todas. 

Esta gran persoa, pero mellor escritora, conseguiu que a Mariña de 2020 comezase a ler de novo sen perder a concentración na primeira páxina, mais tamén conseguiu que disfrutase coas súas obras como case nunca o fixen na miña vida. Poderíamos clasificar as súas creacións baixo as etiquetas de "humor" e "comedia romántica", encabezando as listas destes dous xéneros pola súa gran calidade. Joana ten un gran poder que moitos autores intentan perseguir, e que, por desgraza, non todos teñen: talento. Os seus personaxes están construidos dunha forma mestra, fanche crer que son individuos que poderías atopar tí pola rúa. Son tan reais que se converten nos teus amigos e sofres case máis ti polas súas desgrazas ca eles mesmos, queres protexelos a todo custo de todo o malo que hai neste mundo. Esta mulleriña ten a gran habilidade de que a trama rode soa, que cando te des conta xa remataches o libro. Ademais, non hai absolutamente ningún capítulo que non teña a súa importancia e relevancia na trama. O punto forte de Joana son os diálogos, uns diálogos moi pero que moi intelixentes que non se adoitan ver por esta plataforma.

Por que obra comezar? Persoalmente, estas son as miñas favoritas:

ANTES DE DICIEMBRE (1ª parte da saga "Meses a tu lado")

 

Para Jenna Brown, su primer año en la Universidad suponía alejarse de su familia y sus amigos y enfrentarse al mundo por primera vez en su vida.

Su novio le había dejado claras sus intenciones: a partir de ese momento, tenían una relación a distancia y abierta. Ambos podían hacer lo que quisieran porque sabían que se querían el uno al otro. Así que no pasaba nada si no dejaba de acercarse al mejor amigo del novio de su compañera de habitación, ¿no? De todos modos, ¿qué importaba si estaba con él en ausencia de su novio? Todo volvería a la normalidad en diciembre ¿Cambiaría algo?

Tenía hasta entonces para descubrirlo


 LA ÚLTIMA NOTA

Apenas sé nada de él.
Sé que toca la guitarra. Sé que está en una de las bandas más famosas de la ciudad. Sé que no sonríe mucho. Sé que lo llaman Jed. Y sé que nunca me he sentido como me siento cuando clava sus ojos en mí.
Así que, apenas sé nada de él... pero sí se algo de mí misma.
Sé que hasta hace poco odiaba los tatuajes. Sé que hasta hace poco odiaba las bandas. Sé que tengo que intentar evitarlo. Sé que no quiero caer. Y también sé que lo haré. Pero, definitivamente, sé que estoy perdida desde el momento en que me preguntó cómo me llamaba.

TARDES DE OTOÑO

 

¿Qué es lo peor que podía pasarle a la pobre Mara después de reencontrarse con el que fue el amor de su infancia ocho años después de la última vez que lo vio?

Ah, sí. Que siguiera sintiendo cosas por él... y se negara a asumirlo por ser una testaruda. Suerte que Aiden era todavía más testarudo que ella.


◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇◆◇


Moi bos días a todos e moita sorte! Espero vervos pronto<3

contacto: calmadinhaa@gmail.com


Comentarios